Verbo Xido (grupo ecoloxista)
Verbo Xido | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | febreiro de 2001 |
Sede | Soutelo de Montes |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido creouse en febreiro de 2001 co propósito de promover actividades culturais, etnográficas e medioambientais na bisbarra de Terra de Montes, nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Beariz e parte do resto dos territorios que compoñen historicamente a bisbarra.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Entre os seus obxectivos é de salientar a promoción, potenciación e desenvolvemento do Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO), domicilio social da Asociación.
Destaca a colaboración co Centro Etnográfico de Terra de Montes de Soutelo de Montes, un museo nacido por iniciativa privada. Neste centro organízanse conxuntamente exposicións e charlas, ademais de visitas guiadas para colexios.
Integrouse na Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, e na plataforma Nunca Máis.
Ademais do seu voceiro, a publicación Verbo Xido, teñen editado varios libros:
- Cerdedo na obra do Padre Sarmiento, Carlos Solla Varela (2002)
- Cerdedo in the Voyager I, Carlos Solla Varela (2004); en colaboración con Ediciones Cardeñoso, Vigo
- Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado, Dionisio Pereira (2004)
- Centro Etnográfico de Terra de Montes. Guía Didáctica, Alfredo González Ruibal (2004)